Caldo, cantos e libros para conmemorar o Día de Rosalía en Malpica
MALPICA DE BERGANTIÑOS
Entre as iniciativas, varios establecentos hostaleiros servirá tapas de «caldo de gloria» este luns 23 de febreiro
21 feb 2026 . Actualizado a las 17:21 h.Achégase o Día de Rosalía, 23 de febreiro, e o Concello de Malpica vén de sumarse aos actos de celebración convocados pola Fundación Rosalía de Castro. Así, tamén establecementos hostaleiros da vila se implican nas iniciativas. Bar Hamburg, Café-bar Barra, O Pescador, Casa Antonio, O Mirador e bar Dársena servirán de tapa «caldo de gloria» na hora dos viños da noite. Nese horario, o Concello sumará un pasarrúas co grupo de cantos de taberna Asubíos de Seaia, da asociación Carcaxía, percorrendo así os locais que colaboran na proposta entre as 20.00 e as 22.00 horas. Tamén a biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor se sumará á convocatoria cunha mostra de publicacións de Rosalía, así como co préstamo de exemplares de libros da escritora a cada un dos establecementos adheridos á iniciativa, para o uso da súa clientela ata o vindeiro 28 de febreiro.