A asociación Campal de Malpica xa ten data de cocido de entroido

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Unha das imaxes que deixou o cocido na súa última edición
Unha das imaxes que deixou o cocido na súa última edición ANA GARCÍA

Será o 7 de febreiro, no restaurante Canta la Rana de Buño, como é habitual

11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

7 de febreiro • Moi baixo no calendario, o entroido peta na porta e os cocidos tamén. A asociación Campal de Malpica anuncia o seu, cuarta edición, para o 7 de febreiro, ás 14.00 horas en Canta La Rana (Buño). Terán festa dos 80, agasallos, sorteos e moito máis. Venda de tiques (40 euros adultos, 20 nenos) no estanco de Vanessa, coa directiva e tamén con colaboradores da propia entidade.