Entrega en Malpica do premio da RAG «Na lingua que eu falo» ao colexio Milladoiro
CARBALLO / LA VOZ
MALPICA DE BERGANTIÑOS
Será este vindeiro luns, 17 de novembro, e a Academia avanza unha festa «campal»
14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O alumnado do colexio Milladoiro de Malpica escribiu un Dicionario malpicán que logrou o primeiro premio do certame Na lingua que eu falo, da Real Academia Galega, convocado ao abeiro da Primavera das Letras.
A entrega, a cargo da entidade, farase no centro o vindeiro luns, día 17. «A celebración promete ser unha festa que ben podería definirse como campal», indica a RAG.