Cen comensais participaron este venres no xantar da celebración
14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Cen comensais participaron este venres no xantar de San Antonio, Malpica, amenizado por Judith Cundíns. Antes, misa con subida do santo ao barrio e posterior procesión. Volveu ser funcionista Santiago Villaverde, que acompañou con grúas e bucinas en todo momento. Un grupo de veciñas —sobre todo— estivo ata cinco da madrugada preparando alfombras, logo de semanas de traballo. Pincharon pola tarde disyóqueis, agrandando a conmemoración.