A casa rural Arrueiro repite experiencia micolóxica

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Xornada micolóxica celebrada recentemente en Gabenlle, A Laracha
Xornada micolóxica celebrada recentemente en Gabenlle, A Laracha BASILIO BELLO

Será os días 15 e 16 de novembro e incluirá saídas didácticas, cea maridaxe e opción de aloxamento

04 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A casa rural Arrueiro, situada en Soesto (Laxe), prepara para os días 15 e 16 de novembro unha experiencia micolóxica que combinará coñecemento, gastronomía e gusto pola natureza neste tempo de outono.

A actividade incluirá unha xornada didáctica de identificación de cogumelos, guiada polo enxeñeiro agrónomo e experto Juan Carlos Lauroba; unha cea maridaxe con produtos de tempada, elaborada polo chef Víctor Basante, e unha segunda saída libre.

A actividade pode facerse elixindo soamente a experiencia micolóxica (saídas e cea), cun custo de 90 euros por persoa, ou incluíndo tamén unha noite de aloxamento en habitación dobre con almorzo. Neste caso, o prezo será de 260 euros para dous hóspedes.

Inscricións no 617 749 636 ou no correo info@arrueiro.com.