Por outra banda, en Corcubión retoman hoxe o seu clube de lectura
29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Biblioteca Municipal Antón Zapata García, do municipio de Laxe, acollerá este venres a presentación libro ilustrado Coralia e Maruxa, da autora Cari Ca. Trátase dun proxecto editorial, explican dende o Concello, «que celebra a liberdade, a creatividade e a valentía das coñecidas irmás Fandiño, símbolos de identidade e da resistencia cultural galega».
A Deputación da Coruña colabora nesta actividade, que comezará ás sete e media da tarde e que será de acceso completamente libre e gratuíto.
Clube en Corcubión
Por outra banda, a Biblioteca Pública Municipal de Corcubión retoma hoxe mesmo o seu clube de lectura. Desta banda, será arredor do libro Herba Moura, de Teresa Moure. Será ás seis da tarde e dende o consistorio animan a sumarse a todos aqueles aos que lles «preste a lectura».