Última hora
Noelia muere tras casi dos años luchando para recibir la eutanasia

Novidades e 4.300 euros no concurso de comparsas de Fisterra

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCÍA

Hai engadir a estas cifras os accésits, as recompensas do desfile e tamén do concurso infantil e de adultos. ¡bótalle un ollo a esta información!

17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Reunións e preparativos para o carnaval xa están en marcha. De hoxe nun mes, xustamente, será martes de entroido, 17 de febreiro. Madrugou o Concello de Fisterra dando a coñecer as bases dos seus concursos e do que reivindican como «o entroido máis tradicional da Costa da Morte. Entre os certames destaca o de comparsas —martes 17 de febreiro, 18.00 horas, no pavillón—. Este ano, como novidade, non será obrigatorio participar no desfile do sábado 14, por máis que aquelas que o fagan poderán optar a un premio en metálico.

Cun mínimo de 15 membros, o prazo de inscrición das comparsas está aberto xa dende este pasado mércores, ata o 2 de febreiro. Optarán a un primeiro premio de 1.700 euros, a un segundo de 1.400 e a un terceiro de 1.200, aos que engadir os correspondes trofeos. Suma isto 4.300 euros, e aínda habería que ter en conta os 350 euros de accésit que levarán aquelas agrupacións que non logren ningún premio. O xurado valorará calidade e caracterización, posta en escena e actuación e parodia e contido das cancións ou das letras: a actuación será de 30 minutos.

No que compete ao desfile de grupos e comparsas, como se dicía, será o sábado 14, ás 18.00 horas. Na categoría de grupos (de 3 a 14 persoas), os premios serán dous, 150 e 100 euros; na de comparsas, 15 ou máis membros, de 200 e 150. As inscricións han de facerse ata o 12, ou ben no propio lugar de saída. Ese día será, ademais, o pregón de Entroido na Praza da Constitución.

Finalmente, o domingo 15 de febreiro, farase en Fisterra o concurso infantil e de adultos: individual (premios de 40, 30 e 20 euros, máis trofeo); parellas (80, 60 e 40 euros, máis trofeo), e grupos (de 3 a 14 persoas (120, 100 e 70 euros, máis trofeo). Está programado para as 17.00 horas na Praza da Constitución. Inscricións previas ou alí mesmo.