O fisterrán Xan Carlos Sar figura de novo na lista provincial do BNG, antes séptimo e agora quinto
24 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O tenente de alcalde de Fisterra, Xan Carlos Sar Olveira (1974), di que enfocaron a campaña «coa mesma ilusión de sempre» aínda que as enquisas non lles son nada favorables a apuntan a que quedarán sen representación de novo. Recorda que o resto de partidos «falan en clave estatal» e que «o BNG é a única voz da comarca», como se ten demostrado coa pesca, o sector lácteo ou o heliporto de Ruibo, cuestión que, incide, Alexandra Fernández, de En Marea, «non plantexou nestes catro meses». De aí que, ao seu xuízo, «un só representante en Madrid é fundamental para Galicia e para a Costa da Morte». Entende que a aposta polo «voto útil» que algunha xente fixo ao cambiar o BNG por Podemos non é tal, porque «ninguén máis que nós quere desaloxar ao PP», polo que se teñen que «darlle o apoio a Pablo Iglesias» farano. Iso si, demostrouse que as promesas de En Marea, «como o grupo parlamentar propio» non se cumpriron e que, por tanto, aspiran que a volva ao BNG moito dese voto, igual que se mostra convencido de que Ciudadanos vai perder o deputado por A Coruña.