UN SINGULAR ACTO

La Voz

FISTERRA

O pasado 16 de maio, co gallo dos actos do Día das Letras Galegas, os nenos e nenas que forma na xeración máis noviña do colexio de Nosa Señora do Carme de Fisterra, tiveron a ben facer unha pequena homenaxe ós seus avos invitandoos a un acto mui sinxeliño, pero non por iso menos cheo de emoción e gratitude. A proposta, como era de esperar, non puido ter mellor acollida. O singular acto estivo moi concurrido, ós pequenos e pequenas tremianlle as pernas ante tanta espectación, e non era para menos. Alí estaban os seus avós e avóas os que tantas veces os teñen levado á escola, ou botan unha man desinteresadamente e con moito gusto na súa crianza, e lle mercan ás agachadas dos pais algunha lambetadina para lle levar na hora do recreo; alí estaban collendo sitio na primeira fila, agardando espectantes, facendo un respetuoso silenzo para non perder detalle, e así poder escoitar ou ver bailar os seus netiños, coa música da nosa terra. Ó remate do acto, os nenos repartiron entre os asistentes moitos doces e fixeron entrega duns pequenos agasallos que eles mesmos fixeron e que encheron de orgullo ós seus queridos avós, e tamén poideron ve-los debuxos, poemas e murais sobre Frei Martín Sarmiento que alí había expostos.