Celebracións relixiosas nos vindeiros días en Coristanco

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CORISTANCO

Iglesia de San Paio de Coristanco
Iglesia de San Paio de Coristanco Ana García

Virxe da Candelaria, San Blas e Virxe de Lourdes: haberá oficios os días 2, 3 e 11 de febreiro

01 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá, luns 2 de febreiro, celebrarase a festa da Virxe da Candelaria na parroquia de San Martín de Oca e santuario do Corpiño, en Coristanco: misas ás 13.00 e 20.00 horas. Ao día seguinte, martes 3, ás 12.00 horas, haberá misa por San Blas na igrexa de San Paio, tamén en Coristanco, con bendición e reparto de pan. Esa mesma xornada do 3, en Oca, honrarán a San Blas con oficios ás 13.00 e 20.00 e bendición do pan, para o que colaboran as panadarías Roiser e Añón un ano máis. Finalmente, o mércores 11, en Erbecedo, festexerán a Virxe de Lourdes: misa ás 13.00 horas.