A presentación do programa e das actividades que se levarán a cabo será este luns 9 de febreiro
08 feb 2026 . Actualizado a las 18:04 h.O Concello de Coristanco vén de anunciar que, este luns 9 de febreiro, ás 11.00 horas e na Casa da Cultura, presentarán o seu programa VIVE+. Trátase dunha iniciativa integral de envellecemento activo coa que se pretende mellorar a calidade de vida das persoas maiores do municipio, promovendo a súa autonomía, participación social e benestar físico, cognitivo e emocional. Ese 9 de febreiro, ademais de dar a coñecer o programa, presentaranse tamén as actividades previstas entre os meses de febreiro e xuño. Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a participar no acto de lanzamento deste proxecto «que nace coa vocación de consolidarse como unha proposta estable de apoio aos nosos maiores». Saúde física, coidado emocional, estimulación mental e fortalecemento das relacións sociais serán cuestións transversais a traballar nas diferentes iniciativas.