Avanza o Maio Musical do centro educativo carballés. Na Rabadeira agardan por tres días de festa
28 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Comezarán mañá tres días de festa na Rabadeira, en Coristanco, na honra de Santa Ana, San Roque e a Virxe de Fátima. Seguindo a tradición, na véspera, por tanto hoxe, as imaxes de Santa Ana e San Roque percorrerán as casas da parroquia portadas nun vehículo para facilitar o seu achegamento a todos os puntos.
Doutra banda, tamén hoxe, avanzará o Maio Musical do Conservatorio de Carballo. Está prevista unha audición de clarinete: no salón de actos, ás 18.00 horas.