Veciños e rapaces do colexio de Corcubión recuperarán un dos muíños do río de Quenxe
CARBALLO / LA VOZ
CORCUBIÓN
A actividade, baixo o nome de «Á corrente dos muíños, tirará da interxeracionalidade
03 oct 2025 . Actualizado a las 20:00 h.Organizados polas tres asociacións veciñais —Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro de Redonda—, residentes en San Pedro da Redonda, Corcubión, xunto con rapaces do colexio Praia de Quenxe, recuperarán un dos muíños presentes no seu río. A iniciativa, que leva por nome Á corrente dos muíños e busca a interxeracionalidade nesa rehabilitación. Serán os maiores os encargados non só de reactivar coas súas propias mans o muíño, senón que tamén traspasarán o gran legado de saber aos máis pequenos»: mecánica, vocabulario...
Todo o proceso será documentado polo historiador corcubionés Luís Lamela: el recollerá o pasado, pero tamén esta segunda vida do muíño, e con el do propio pobo de Corcubión.