Cerceda anuncia unha nova xeira dos Sábados de Baile

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CERCEDA

O dúo Élite, amenizandounha romería de Monte Torán, ano 2013
O dúo Élite, amenizandounha romería de Monte Torán, ano 2013 JOSE MANUEL CASAL

O primeiro será hoxe mesmo, ás 19.00 horas, amenizado polo dúo Élite

10 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Tal e como fixo o Concello de Cabana, e antes o de Carballo, o de Cerceda vén de presentar unha nova edición dos Sábados de Baile Social para os vindeiros meses, todos eles de 19.00 a 22.00 no local social do Moucho. Comezarán hoxe mesmo, co dúo Élite, e seguirán o 24 con Charada. En febreiro, o 14 co dúo Matices e o 28 co dúo Arena. Xa en marzo, dúo Caramelo o 14. Continuarán en abril, o día 11 de novo con Caramelo e o 25 con Élite. Alá para maio, o día 9, achegarase a Cerceda o dúo Lupe. «Proposta cultural e de lecer para fomentar a convivencia, o encontro veciñal e o goce da música en directo», avanzan. Dende o consistorio animan á participación..