Cerceda abre a «febre» das luces de Nadal

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CERCEDA

En Carballo comezou onte a instalación do alumeado de Nadal
En Carballo comezou onte a instalación do alumeado de Nadal ANA GARCÍA

Para hoxe mesmo programou o Concello o acendido da iluminación, con actividades paralelas

29 nov 2025 . Actualizado a las 20:33 h.

Hoxe • Malpica e Cee madrugaron instalando as luces de Nadal. «O noso é un municipio con amplo territorio e leva tempo», contaba días atrás en Radio Voz a concelleira de Cultura malpicá, Noelia Freijeiro. Que se instalen non quere dicir que se acendan e, de feito, o venres 5 de decembro vai camiño de ser a xornada elixida por unha boa parte dos Concellos da Costa da Morte. Adiántase o consistorio de Cerceda, que sen deixar de acabar novembro acenderá xa as súas luces. Cando? Hoxe.

O intre máis agardado chegará ás 18.30 horas, se ben o inicio do simbólico acto está programado xa para as 18.00. Poderase visitar o poboado navideño do Campo da Feira de Cerceda, poderanse degustar crêpes gratuítas tanto neste punto como na Praza da Feira das Nenas de A Silva, haberá postos de venda escolares para axudar nas excursións de fin de curso e mesmo se poderá visitar o belén artesanal situado na entrada do Concello nesa franxa de dúas horas. Haberá despois outras opcións para poder achegarse a ese belén: do 1 de decembro ao 7 de xaneiro, entre as 09.00 e as 15.00. Máis información das visitas no 981 685 036.