A Gresca revoluciona Cerceda cunha intensa xornada musical

La Voz

CERCEDA

O Festival A Gresca chega á súa segunda xornada cun programa do máis intenso. Arrancará ás doce cos pasacalles da charanga Gypsy Clown, xogos tradicionais e talleres de música e de circo para os nenos. A participación catalana na festa notarase xa no xantar, xa que ás dúas haberá unha butifarrada, e despois actuarán Los herederos del taxi. A partir das seis da tarde, artistas de circo de Galicia e Cataluña ofrecerán os seus espectáculos, e ás oito actuará a Charanga do Metal.

Despois da «cea galega» prevista para as nove haberá un concerto final con Quempallou, Reopla, Stoy ke Trino, Iván Dzine, Dj Can de Palleiro e Festicultores Troupe.