Este sábado abre o prazo para anotarse á Universidade Sénior de Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

A primeira edición da Universidade sénior ceense, o pasado curso
A primeira edición da Universidade sénior ceense, o pasado curso ANA GARCÍA

É un programa pensado para maiores de 50 anos

06 feb 2026 . Actualizado a las 19:47 h.

Haberá segunda edición da Universidade Sénior en Cee e o prazo para anotarse arrinca xa este sábado. Este programa para maiores de 50 anos promóveo a Universidade da Coruña coa financiación da Xunta e a colaboración do Concello. Desenvolverase de marzo a abril na Casa da Cultura de maneira totalmente gratuíta.

Os interesados poderán apuntarse en liña en universidadesenior.org, ou de maneira presencial na casa consistorial. Tres serán os módulos con sesións teóricas impartidas por profesorado en horario de 17.00 a 19.00 horas. Haberá unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario. Así, abordaranse os incendios forestais, o cambio climático, a arte de vangarda...