Alumnado e familias con interese en cursar estudos neste centro poderán coñecelo a partir das 18.15 horas
24 ene 2026 . Actualizado a las 16:01 h.Luns 26 de xaneiro • O instituto Agra de Raíces de Cee celebrará este luns 26 de xaneiro unha xornada de portas abertas que principiará ás 18.15 horas. Vai dirixida a alumnado doutros centros da ESO con interese en estudar bacharelato neste IES, ou ben a alumnado que desexa coñecelo con vistas á secundaria. Poden acompañar ás familias.A primeira parada será a biblioteca Concha Blanco, onde dirección e orientadora recibirán a quen se achegue para informar de estudos, actividades complementarias e extraescolares, servizos e instalacións, polas que logo se fará tamén unha visita.
A xornada de portas abertas promóvese por estar xa aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para os centros adscritos: O Pindo, Santa Eulalia, Vila de Cee, Nuestra Señora del Carmen, Manuela Rial, Fin do Camiño, Lamas de Castelo e Ramón Caamaño. O alumnado destes centros ten dereito de reserva de praza no Agra de Raíces, ata o 4 de febreiro. Rematado ese período de reserva de praza abrirase o de admisión, do 1 ao 20 de marzo, onde o alumnado pode pedir centro nun centro distinto ao que lle correspondería. Ofreceranse aí as vacantes sobrantes das reservas.