Cee suma unha nova creación ao seu catálogo de arte urbana

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

ANA GARCÍA

Pintada por MØU, forma parte do programa provincial Arte no Camiño

29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Arte no Camiño da Deputación, que o ano pasado deixou murais en Fisterra e Dumbría, chega cunha nova edición, e unha das localidades nas que deixará pegada é Cee. Alí está xa pintando MØU unha creación que denomina O reflexo e na que incorpora referencias á vila da Xunqueira. Nela, reflicte a introspección e esa sensación de saber cal é o obxectivo final, pero non como será o camiño intermedio.