Día grande en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

A foto do día | Unha ducia de imaxes marianas chegadas dende distintos puntos da provincia saíron á rúa en procesión

12 oct 2025 . Actualizado a las 12:12 h.

Cee viviu onte un día grande, de moita emoción e xente con motivo da procesión dunha ducia de imaxes chegadas dende distintos puntos da provincia polo 75 aniversario da proclamación do dogma da Asunción. Organizada pola Unidade Pastoral de Cee, foi un éxito, nunha tarde soleada, coa presenza de varios alcaldes e alcaldesas da zona.