Cee recordou a un eterno Mon na entrega dos premios da biblioteca

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Os certames promovidos dende hai xa máis de vinte edicións recibiron este ano 330 traballos

16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O recordo de José Ramón Rey Senra, Mon, eterno bibliotecario ceense finado recentemente, estivo moi presente na gala de entrega dos premios dos certames Achegamento ao libro e Na procura do noso marcapáxinas. Concursos, ambos, promovidos pola biblioteca de Cee dende hai máis de vinte edicións e para os cales desta banda se recibiron 330 traballos.

No de Achegamento ao libro, Catuxa Outes venceu na categoría de primeiro e segundo de primaria e Angi Mia Cen Zhang e Fabricio Fernández recibiron sendos accésits. Martina Allo gañou en terceiro e cuarto, mentres que Lukas Romero e Uxía Trillo foron merecedores de accésits, e en quinto e sexto o primeiro clasificado foi Lois Casais, con accésits así mesmo para Nora Domínguez e Ainara Negreira.

En canto ao certame de marcapáxinas, a obra vencedora foi a de Marina López e recibiron accésits Arai Quinteiro, Nían Quintero, Mauro Lago e Aarón Pazos.