Letras solidarias dende Cee, con María Canosa e Concha Blanco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Un bo número de autores, entre eles estas dúas escritoras, participan na antoloxía Soños de Cajamarca, con fins benéficos

20 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Solidariedade en forma de contos e poemas e con raíces sen Cee. Antela Editorial, de recente creación en Ourense, vén de dar a coñecer un coidado catálogo de libros de infantil e xuvenil en lingua galega. Presentan particularmente, dous novos títulos, Soños de Cajamarca e Sueños de Cajamarca, antoloxías de contos e poemas para pequenos, de diferentes autores de renome dentro da literatura pensada para eles, tal é o caso de María Canosa e Concha Blanco. «Estas dúas obras colaboran no labor levado a cabo pola asociación sen ánimo de lucro Aulas Abiertas comedores escolares, en Perú, xa que 2,5 euros de cada libro se destinarán a ese proxecto», indican desde Antela. As publicacións, con este carácter benéfico, están dispoñibles en librarías e na web da editorial. Os autores participan nos libros mencionados dunha forma desinteresada.