Outra nova empresa que se quere instalar no porto de Brens, neste caso para despece de barcos, onde hoxe en día non crea ningún tipo de contaminación ambiental, e si uns 20 postos de traballo. Novamente ó alcalde de turno, volve rexeitar traballo para nosa comarca.
Xa antes ó Partido Popular de Antonio Domínguez rexeitara un proxecto das mesmas características, e mesmo o PSOE que di chamarse «obreiro» e socialista votou en contra da fábrica de tubos onde se perderon máis de 50 postos de traballo, a maiores dun importante tráfico marítimo pro noso porto.
Despois estes politiquillos asisten coma hipócritas as manifestacións de Ferroatlántica, cando a día de hoxe se a mesma Ferroatlántica se quixera instalar na antes paradisíaca praia de Brens ou en Dumbría serían os mesmos que le dirían que non a calquera tipo de industria para nosa comarca.
Temos un eixo leste da ría óptimo, cun bo porto no que temos que permitir o uso da industria naval, incluída a eólica mariña offshore, a falta de estaleiros, tubos, etc…
Despois choramos que non hai traballo, que pecha a piscina e lamentamos os problemas do hospital Virxe da Xunqueira, cando só a fábrica de tubos, coa sede fiscal no Concello, daba para financiar diferentes servizos sociais e trabalo para os veciños.
Si a industria sustentábel e respectuosa co medio ambiente na nosa ría, si ao turismo, si á protección das paraxes virxes e naturais que temos na nosa comarca, pero, ante todo, si ao dereito de vivir, e traballar na nosa comarca.