Alfonso Blanco dá a coñecer a súa tradución da «Eneida» en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Alfonso Blanco, durante unha presentación na Libraría Brañas Verdes (esquerda)
Alfonso Blanco, durante unha presentación na Libraría Brañas Verdes (esquerda) ANA GARCIA

A presentación terá lugar este venres na libraría Brañas Verdes

14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O carballés Alfonso Blanco Quintela (1969) dará a coñecer este venres na libraría Brañas Verdes a súa tradución da Eneida, obra cumio da literatura universal escrita por Virxilio.  Licenciado en Filoloxía Clásica, Blanco Quintela é tradutor e dá clase de Latín e Grego nun centro educativo de Muros.

O acto de presentación será ás sete da tarde, no establecemento situado na rúa Doutor Fleming de Carballo, e acompañarán ao autor Pepe Carballude, escritor, e Raúl Gómez Pato, que dirixe a colección Vétera da editorial Rinoceronte, que publicou este volume.