
Promove Igualdade, a través do CIM, unha serie de talleres: botaron a andar no instituto Alfredo Brañas
19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Impulsados dende a área municipal de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM), botaron a andar esta semana no instituto Alfredo Brañas unha serie de obradoiros sobre prevención da violencia de xénero no contexto dixital. Participan destes talleres —que continuarán mañá e pasado— alumnos de segundo da ESO. A actividade, segundo deu traslado o Concello, forma parte do proxecto Pantallas Amigas, con vinte anos de traballo a prol dun uso seguro e saudable da Rede e das TIC, así como do fomento dunha cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Mediante recursos didácticos audiovisuais e exemplos prácticos, os rapaces levan para a casa pautas educativas e ferramentas de actuación ante certas cuestións. Tratan, así, asuntos como a violencia de xénero, o machismo, a violencia verbal na Internet, o control das parellas, o sexting, a privacidade, as presións do like, as mulleres nos videoxogos ou o porno.