«Bendita sexa a lectura»

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Primeira reunión e constitución oficial do Foro de Lectura de Espiral Maior, en Carballo
Primeira reunión e constitución oficial do Foro de Lectura de Espiral Maior, en Carballo ESPIRAL MAIOR FORO

FIN DE SEMANA LITERARIO EN CARBALLO E CORCUBIÓN | A capital de Bergantiños acolleu nas últimas xornadas dúas presentacións e o nacemento do Foro de Lectura de Espiral Maior

15 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Felices coincidencias literarias cadraron esta fin de semana en Carballo. «Bendita sexa a lectura, e os libros», dixo este luns en Radio Voz o escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello. El, responsable do proxecto Espiral Maior Foro, estivo implicado en tres das actividades que, nos últimos días, tiveron letras de por medio na capital de Bergantiños e en Corcubión. O venres, no número 34 da rúa Sol, o muxián X. H. Rivadulla Corcón presentou o su libro Tankas da vida salgada (Trifolium). Estivo amadriñado por Emma Abella, profesora no instituto pontecesán.

O sábado, doutro lado, quedou constituído o club de lectura de Espiral Maior Foro. Mellor dito, o denominado «Foro de Lectura», porque como Fernán Vello dixo en Radio Voz pretender ser máis ca unha reunión: «Un laboratorio de lectura onde os libros e a lectura mesma sexan obxecto de reflexión e elaboración posterior de material». Definiu como todo un éxito a acollida e o arranque: «Isto vai xermolando, ás portas da primavera».

Formado inicialmente por 20 personas, hai novas inscricións. Reválida de sexto, do coristanqués Xosé Antonio Andrade, presente no acto, foi o primeiro libro obxecto de análise. Motivou, segundo a crónica de Espiral Maior, un animado debate sobre a estrutura, a estilística e a temática da novela, na que se viron as mellores condicións como vehículo de iniciación á lectura no ámbito do ensino. Xa en calidade de editor, Fernán acompañou, o mesmo sábado pola tarde, a unha carballesa-muxiá: Rosalía Fernández. Convidada pola asociación feminista Buserana, presentou na Capela do Pilar de Corcubión a súa obra Desnortada. Entre o público, o exalcalde Rafael Mouzo ou o poeta fisterrán Alexandre Nerium.

ANA GARCIA

E, dende Fisterra, volta a Carballo, pechando un círculo. Fisterrán tamén é Roberto Traba, quen o venres presentou no Casino a súa novela Ola miña bonita. Estivo acompañado por Modesto Fraga, Belén Edreira e Fran Rodríguez nunha animada velada que completou aforo e que permitiu debullar esta novela que, como se viu, podería ser ata unha guía histórico-turística. Moito de poesía tivo a velada.