Carballo convida a soñar con libros e lectura

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Van 13 edicións dunha Semana de actividades na que colabora a ASPG. Foi presentada onte

19 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Estímase que, nas tardes do 23 ao 27 de abril, pasarán polo Pazo da Cultura máis de 3.000 persoas. Xente miúda e non tan miúda que acudirá a gozar duns espectáculos con gran capacidade de mobilización. Esa acollida e demanda é para o Concello de Carballo motivo máis que suficiente para organizar unha nova edición -a 13.ª- da Semana do Libro e da Lectura. Foi presentada onte e na súa organización participa tamén a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, tal e como lembrou o edil de Cultura, Marcos Trigo, quen estendeu o agradecemento á Fundación Luís Calvo Sanz, patrocinadora da iniciativa, así como aos colexios -nove, incluíndo o CRA, o Artai e o Canosa-Rus- e ás familias.

Mulleres de conto é o reivindicativo título destas xornadas, que inclúen actividades concertadas cos centros educativos, outras abertas para todo o público (contos, música e maxia) e máis unha exposición permanente de Kalandraka, de libros cedidos por varias editoriais e dos traballos realizados por alumnos e alumnas. Complétase isto cunha mostra de ilustracións de Leandro Lamas -autor da imaxe do cartel- na que colabora a Fundación Manuel María. As mañás resérvanse para as visitas dos nenos, mais pola tarde pode acudir a estas exposicións o público xeral: de 18.00 a 20.00.

Aos colexios e á Fundación agradeceu tamén Carme Vilariño, da ASPG, quen falou de «tempos escuros para o país e a cultura». Fronte a iso, a relación con Carballo permanece e a Semana do Libro segue firme, botando luz, coma un faro: «A lectura agudiza a creatividade e o enxeño, crea pensamento e permite soñar», indicou. Ilustración, oralidade, letras, música, dramatización, artes prácticas e visuais... «Ler é mais que descifrar unha serie de símbolos», dixo, de aí este achegamento ao libro dende diferentes ópticas. Todo ilo é «formación para non esmorecer nunha sociedade tan confusa», na que é precisa capacidade crítica. Permitirá esta Semana, por outra banda, visibilizar «ás mulleres de contos e ás mulleres normais».

«Os profesionais do ensino saben que é fundamental que os nenos teñan capacidade de soñar», afirmou o alcalde carballés, Evencio Ferrero. El lembrou como o libro, a cultura, o deporte ou mesmo os servizos sociais ficaron sacrificados na programación dos Concellos polos tempos de recorte e a crise. Non obstante, vendo a acollida e o «traballo incombustible» da ASPG e dos centros, así como a compañía nesta viaxe da Fundación Luís Calvo, Ferrero ten clara unha idea: «O libro e a cultura son economía». Só lle quedou convidar a que a xente «lea e goce do programa». Mulleres e igualdade serán o eixo capital.

Nos centros de ensino, uns 1.700 rapaces tomarán parte nas actividades das mañás, de luns a venres. Compañía Pérez&Fernández, Migallas, Polo Correo do Vento, o mago David Méndez, a regueifeira Alba María, Ceo Aberto, a escrita de Eli Ríos, Lucecús Teatro... O menú é amplo e garda espazo para unha actividade ben curiosa, un taller de «desprincesamento».

José Manuel Casal

A programación aberta ao público: así será

De luns a venres, ás 18.00 horas, no Pazo. Para público familiar. A entrada é libre e de balde, ata completar aforo.

Pablo Díaz

Luns 23 • Música pop-rock-folk, cos temas do seu último traballo, «Tic Tac Toc», e tamén un repaso dos anteriores.

Sole Felloza

Martes 24 • Contadora de contos e actriz, chega a Carballo con «A volta ao mundo». Mundo que existe ao contalo.

Alumnado e David Méndez

Mércores 25 • O alumnado de quinto do colexio Fogar representará «Revolución en verso». Logo, David Méndez intervirá coa súa maxia «de aquí e de acolá». Comedia e improvisación co público participando.

Cris de Caldas

Xoves 26 • Cris de Caldas é bibliotecaria e contadora. Contos escritos, ilustrados e protagonizados por mulleres: «Eu conto, ti contas, ELAS contan».

Fátima Vilameá

Venres 27 • Nova sesión de contos. «Tirando do fío», a función de Fátima Vilameá, convidará ao presentes a tirar dos fíos das historias. Orais e de libros.

La biblioteca Francisco Mayán de Cee se suma a «Libros para sermos libres»

23 de abril • La biblioteca municipal Francisco Mayán de Cee se sumará el 23 de abril, Día do Libro, a otras treinta bibliotecas provinciales para participar en la campaña «Libros para sermos libres», que organiza la Diputación. Consistirá en la liberación (o reparto gratuito a los vecinos) de libros, en el tercer piso de la Casa da Cultura, a las 18.30 horas. Poesía, prosa, arte, ensayo, teatro...

Obradoiro infantil «Na pescuda da portada perdida», en Vimianzo

Sábado • Al amparo del Día do Libro, el Concello de Vimianzo tiene prevista una exposición para el propio 23: «Celebremos o noso patrimonio». Previamente, el sábado, se llevará a cabo en la Casa da Cultura un obradoiro titulado «Na procura da portada perdida», para niños nacidos a partir del año 2014. Los interesados han de inscribirse antes de mañana, viernes. Será de 11.30 a 13.00 horas.