
Será este sábado, entre Camelle e Arou, e o recadado será destinado a investigación
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A xunta local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro prepara para este sábado, 14 de xuño, unha nova edición da súa andaina solidaria. A comitiva partirá ás catro e media da tarde dende o palco da música de Camelle e continuará o seu itinerario cara a casa de Man en dirección a Arou.
Os interesados en participar, como é habitual nos eventos promovidos dende a AECC, deberán apuntarse previamente e abonar os 5 euros que custa a actividade (3 no caso de nenos ata 12 anos de idade). Como sempre, os fondos recadados serán destinados á investigación do cancro.
A organización puxo a disposición do público un enderezo web, un código QR e varios teléfonos de contacto: 675 61 71 82 (Pilar), 687 72 04 70 (Diana), 653 18 80 09 (Eva), 616 63 88 79 (Macarena), 662 01 53 32 (Teresa) e 646 95 00 14 (Carmen María).