Juan Carlos Canosa, candidato do PSOE
23 jun 2016 . Actualizado a las 11:34 h.O enxeñeiro técnico Juan Carlos Canosa Marcote, de 48 anos, ademais de concelleiro en Camariñas é o responsable comarcal do PSOE e séntese honrado de que o chamasen aínda que sexa nun posto «de recheo», como suplente de María Debén na candidatura ao Senado.
-¿Fixeron moita campaña?
-En Camariñas porta a porta ao 100 % e no resto da comarca levamos repartidas 30.000 papeletas. Contamos con menos presuposto que nas anteriores pero o traballo foi o mesmo.
-¿Que lle di a xente, que non está xa cansada?
-Algún diche: «Outra vez», e explícolle que nos quedan aínda outras eleccións, pero en xeral recíbeche ben. Penso que a xente está informada e a miña impresión é que a maior parte do voto está decidido e nos pobos, non sei nas cidades, os resultados van ser parecidos.
-¿Por que lle hai que votar ao PSOE e non a outros?
-Porque foi o único partido que tentou facer un goberno, cun plantexamento e unha consulta á militancia, mentres que Pablo Iglesias estaba pensando nos seus postos. Primeiro acabou con Esquerda Unida e agora quere facer o mesmo co PSOE. Os demais non o tentaron e agora hai que ver o que di a xente o domingo.
-¿Que se gaña cun representante da zona en Madrid?
-Nós no PSOE podemos contactar con calquera, non temos ningún problema, pero, por exemplo, cando estaba Fran Caamaño era outra Cousa. A subvención dun millón de euros para o polígono da Ponte do Porto conseguiuse grazas a que tiñamos un deputado de Ferrol. E agora con García Mira, estaremos ben representados.