Entradas para «El Rey León», un hotel con spa e unha comida ou cea para dous: os premios
14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello da Laracha deu onte por concluída a campaña comercial do Nadal co sorteo de tres experiencias entre os consumidores cuxas tarxetas rasca e gaña non resultaron premiadas con agasallos directos ou descontos de 10 euros nas súas compras.
Os clientes que non obtiveron recompensa directa no momento de recibir os rascas, puideron cubrilos cos seus datos persoais e depositalos nas urnas habilitadas nas bibliotecas de A Laracha, Paiosaco e Caión. De entre tódalas rifas recolectadas, seleccionáronse tres: Irene Vilariño Martínez gozará dunha estancia dunha noite nun hotel de Madrid e dúas entradas para o espectáculo El Rey León, Noelia Cambón Morales foi a gañadora de dúas noites para dúas persoas con spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo, e Alejandro Amado Villaverde, unha cea ou comida para dúas persoas.
O Concello entregará os premios aos tres agraciados nun acto este mesmo venres.