A Laracha terá Escola de Avoas e Avós Educadores con Adro de Vilaño e Cruz Vermella 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A LARACHA

Escola de Avós Educadores de Ponteceso, en imaxe de arquivo
Escola de Avós Educadores de Ponteceso, en imaxe de arquivo Jose Manuel Casal

Para dar a coñecer os detalles do proxecto, haberá unha presentación aberta o 15 de xaneiro

09 ene 2026 . Actualizado a las 22:48 h.

Asociación Cultural Adro de Vilaño e Cruz Vermella veñen de anunciar unha colaboración pola que na Laracha poderá desenvolverse, por vez primeira, o programa Avós e Avoas Educadores. É unha iniciativa para persoas con netos de 0 a 18 anos, un programa aberto a toda a cidadanía, sen ser preciso vivir en Vilaño nin no municipio: «Calquera avoa ou avó que desempeñe un papel activo na crianza pode participar».

Abordaranse nesta Escola cuestións como a educación na infancia, os hábitos saudables, a resolución de conflitos, os cambios sociais ou as novas tecnoloxías: «O obxectivo é ofrecer ferramentas e coñecementos ás avoas e aos avós para acompañar mellor aos seus netos e netas». Para contar todo isto haberá o xoves 15 de xaneiro, ás 19.30, unha presentación. Liderará Gema Moreira, responsable do proxecto na Cruz Vermella, que destaca a súa boa traxectoria noutros municipios da zona. «Avós e avoas cumpren un papel esencial na crianza», di Diego Rama, presidente da asociación Adro.