Do 2 ao 30 de maio, 11.º Festival de Humor na Laracha

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A LARACHA

E CUIÑA

O Concello organiza unha nova edición deste encontro, que comezará con Celso Fernández

22 abr 2025 . Actualizado a las 20:06 h.

Vén de dar a coñecer o Concello da Laracha a programación do que será o seu xa 11.º Festival de Humor, con epicentro na Casa da Cultura e de novo da man de Rababiero Promocións Artísticas. Variedade e calidade, diferentes estilos e experiencias únicas. Todas as funcións serán ás 22.00 horas, cun prezo de 10 euros, entradas á venda a partir de hoxe no Concello.

A primeira cita, venres 2 de maio, chegará con Celso Fernández Sanmartín e o seu espectáculo Contar. A segunda, o venres 9, con Federico Pérez: Xa que o sabes, voucho contar (e cantar). A terceira, o venres 23, con Pepo Suevos e Manquiña: eles traen Noites de retranca. Finalmente, pechará o encontro o venres 30 de maio Palo Capilla, con ¿Qué me estás container? Maio na Laracha será para rir.