«Temos que gañar ao Sanxenxo e esperar que perda o Boiro»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

JOSE MANUEL FERREIRO

O preparador recoñece que o equipo non depende de si mesmo nas catro xornadas

26 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Laracha afronta as últimas catro xornadas ca obriga de gañar todos os seus partidos e espera que o Boiro patine nalgún, para recortar a diferenza de seis puntos. Pero todo pasa por gañar hoxe diante o Sanxenxo.

-¿Como se presenta o choque?

-Temos que gañar ao Sanxenxo e esperar que perda o Boiro. Está claro que o primeiro somos nós. Se non cumprimos, a situación sería moi complicada de salvar e pensaríase na Preferente.

-¿Está con forzas o equipo?

-Levamos unha mala racha de resultados, pero o equipo confía en cambiar a situación. Todos sabemos que o partido de hoxe é determinante e así o afrontaremos. O importante é gañar.

-¿Que equipo sacará?

-Rebolo e Roberto, son baixa de larga duración e hoxe engadíronse Fandiño e Berto. É dicir: dispoño de 16 xogadores e Iván con molestias. Xogarán Damián; Iván, Antonio, Elmer, Pablo Vidal; Alexandre, Denis, Iago Iglesias, Óscar Martínez ou Brais; Miguel Taibo ou Martín e Dani Bea. Tamén estarán Julián (meta), Dani Casal e Kevin.

-¿Xogará a presión en contra dos xogadores?

-É importante xogar con cabeza. O que temos que pensar é que o importante son os puntos en xogo. Eles están nunha situación similar a nós e tamén se xogan o mesmo. O empate non vale e o que perda complicarase moito a situación.

-E sempre mirando de reollo ao Boiro.

-Claro, é o equipo que está fóra das pazas de descenso. Lévanos seis puntos e tempos que recortarllos nas catro xornadas se queremos evitar o descenso. Así de complicada está a situación, pero mentres teñamos unha mínima posibilidade imos loitar por ela.

Partido: Laracha-Sanxenxo.

Árbitro: José Luis González Sobrado, del Colegio de Vigo.

Campo y hora: Municipal de A Laracha, a las 18.00.