A danza gaña peso na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un intre de «Transeúnte», no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
Un intre de «Transeúnte», no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo BASILIO BELLO

As pezas de Daniel Doña e Daniel Rodríguez deixaron pouso nas vilas de Carballo e Vimianzo, respectivamente

06 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Abril, o mes do Día Internacional da Danza, concluíu na Costa da Morte con dúas pezas de excepción. En Carballo, xa o día 30, El verbo, do coreógrafo andaluz Daniel Doña. «A danza é fráxil, é efémera, pero ten o poder de cambiar como vemos o mundo», deixou publicado a área de Cultura.

Unha das imaxes que deixou en Carballo «El verbo», de Daniel Doña
Unha das imaxes que deixou en Carballo «El verbo», de Daniel Doña ANA GARCÍA

En Vimianzo, a cita foi con Transeúnte, de Daniel Rodríguez. Un espectáculo (imaxe que encabeza esta información) que acabou co auditorio vimiancés de pé. Música, canto, danza contemporánea, pero de trazos tradicionais, iluminación e tecnoloxía perfectamente conxuntados que fixeron curtos os 50 minutos da peza. Catro bailaríns e dous músicos perfectamente integrados provocaron unha gran conexión emocional e todo enriquecido coa voz de Aida Tarrío. O público puido gozar dunha función cargada de estética moi actual, pero, ao mesmo tempo, enraizada na tradición. Unha gran experiencia artística, unha especie de metáfora da nosa sociedade en transformación.