Un abril intenso na Fundación Pondal pontecesá e na Casa da Muller

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Haberá no vindeiro mes un percorrido con base na tese de doutoramento de Félix Neira
Haberá no vindeiro mes un percorrido con base na tese de doutoramento de Félix Neira BASILIO BELLO

Ambas entidades veñen de dar a coñecer a súa programación para as vindeiras semanas

14 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Fundación Eduardo Pondal e A Casa da Muller veñen de dar a coñecer unha diversa programación para abril. Xunguirá educación en igualdade, dinamización cultural, valorización do patrimonio e reflexión sobre o futuro do rural. Nas actividades colaboran a Dirección Xeral contra a Violencia de Xénero, a Fundación Artesanía de Galicia, a Consellería de Medio Rural, o Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña:

30 e 31 de marzo, 1 e 2 de abril • Escola e Campamento pola Igualdade, no cámping Lago-Mar (Muxía).

11 de abril • Días Europeos da Artesanía, esta edición dedicada á cestería a través da entidade O Son das Varas.

15 e 16 de abril • Na aldea do Couto, Ponteceso, encontro do proxecto de cooperación Nova Economía para a aldea do século XXI, con representantes de aldeas de Asturias, País Vasco e Galicia.

18 de abril • Actividade centrada na arte relixiosa, baseada na tese de investigación do docente Félix Neira. Percorrido por diferentes parroquias —Brantuas, Niñóns, Pazos ou Tallo—, achegando este saber á cidadanía.

20 de abril • Rosa de Abril, un recital poético en tributo á poetisa Carme de Pardiñas. Versos e memoria literaria.

25 de abril • Saída cultural a Outes e Noia, con parada na igrexa de San Campio, achegamento á carpintería de ribeira e aos sancosmeiros, así como visita á vivenda natal de Francisco Añón.

E ademais... • Todo o mes, de luns a venres, seguirán as actividades da Casa da Muller, igual que continuarán os sábados as Aulas Científicas e Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, así como o Curso de Monitorado de Tempo Libre.