A artesá textil Lola de Logaro, primera confirmación para o ArtEncaixe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A artesá textil Lola de Logaro
A artesá textil Lola de Logaro .

Traerá á pasarela da Mostra de Encaixe de Camariñas a colección Ganapán

13 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas vén de dar a coñecer a primeira das participantes na pasarela ArtEncaixe. É Lola de Logaro, artesá textil que fusionará na colección Ganapán a austeridade da costa galega, a estética noir e a rebeldía feminina dos anos 20. O encaixe faise eixo nas súas pezas.

«O maior reto técnico foi orquestrar todas as outras técnicas ?ganchillo, calceta, flecados, acabados de costura? para que sumen textura e volume sen roubarlle nin un milímetro de protagonismo ao encaixe de Camariñas», sinalou a deseñadora para o Concello. Traballou, segundo traslada este nun comunicado, como unha directora de escena: «O encaixe é a actriz principal e o resto das técnicas son escenografía e luz. Iso implica axustar calibres de fío, densidades de punto e pesos para que o tecido soporte a peza de encaixe sen deformala nin matar a súa caída natural».