Cros, música, formación e saúde, este mércores na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A Universidade Sénior seguirá aavnzando hoxe dende Baio
A Universidade Sénior seguirá aavnzando hoxe dende Baio ANA GARCÍA

A axenda trae citas ligadas ao 8M, mais tamén propostas noutros ámbitos. Bote un ollo! 

04 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A maiores dos actos ligados ao Día da Muller convocados en Malpica e en Corcubión —ver aquí—, estas citas hoxe na Costa da Morte:

Cee • Mañá de cros escolar no estadio San Paio de Refoxos, dende as 11.00. Continúa mañá, con máis de 1.500 nenos participando.

Carballo • No almanaque do Conservatorio, hoxe é día de inscrición para o cuarto concurso de solistas: de 11.00 a 13.00, no despacho directivo. Tamén é tarde de audición de clarinete: salón de actos, 19.00. En Carballo, doutro lado, avanza o ciclo Medrando con Apego: ás 17.00 nas Escolas Agra de Caldas, espectáculo musical e taller de percusión para pequenos de 0 a 14 anos: O cuco veru por acá e marchou por alá, a cargo de Percubebés.

Baio • Está en marcha a oitava edición da Universidade Sénior no centro sociocultural da localidade baiesa, con alumnos de Cabana, Coristanco, Laxe, Vimianzo e o propio Zas. As sesións impártense de 17.00 a 19.00 horas e a de hoxe correrá a cargo da docente Socorro Castro García: O coche do futuro moverase con hidróxeno? Interesante.

Cerceda • Promove a Xunta andainas por Galicia con motivo do Día Mundial da Obesidade. Baixo o lema Camiña e conecta, hoxe haberá unha por Cerceda, con saída ás 12.00 do xardín botánico.