En bares de Malpica poderá degustarse hoxe caldo de gloria, e en Cabana haberá obradoiros e recitais poéticos durante a mañá
23 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Carballo (Normalización Lingüística) organizou, para hoxe e mañá, visitas guiadas de escolares ao Xardín de Rosalía, coincidindo co día da escritora, e parada a coñecela. Este espazo, no parque do Anllóns, xa é un lugar de referencia cultural e educativo, como aula ao aire libre con patrimonio, natureza e creación artística. Pasarán máis de 200 nenos de terceiro e cuarto de primaria.
Por outra banda, en seis locais de hostalaría de Malpica servirán hoxe (20.00 a 22.00) tapas de gloria para conmemorar o día de nacemento de gran literata galega. A preparación tamén se poderá degustar na Escola de Vela de Cabana, onde haberá así mesmo un obradoiro de recital poético (11.00).
Na Axencia de Lectura de Baio, por outra parte, haberá hoxe una sesión de conta contos da man da compañía teatral Trinke Trinke e as súas divertidas personaxes «Os ratiños de Lonxedetodo» (18.00).