«La compra de tu vida», solidariedade contra o cancro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Casais, presidenta da xunta local carballesa da AECC, onte no Familia da Milagrosa
Ana Casais, presidenta da xunta local carballesa da AECC, onte no Familia da Milagrosa ANA GARCIA

Está en marcha, en Carballo e noutros municipios da Costa da Morte e provincia, esta campaña de apoio á investigación

08 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende este pasado venres, e ata o 15 de febreiro, está en marcha a sexta edición da iniciativa solidaria La compra de tu vida, impulsada dende a Asociación Española contra el Cáncer (AECC). En Carballo, voluntarias da xunta local estiveron na mañá de onte nos Familia da Milagrosa e o centro, nos Gadis da Milagrosa e o centro comercial, e tamén no Alcampo para dar a coñecer esta campaña que permite aumentar o tique final da compra dende un euro para así colaborar coa entidade. A contía que se entregue irá destinada a incrementar o apoio, prevención e investigación da enfermidade, así como a impulsar un modelo de atención integral baseado na humanización. Todo iso élle contado aos interesados polos voluntarios, 120 na provincia. É unha iniciativa que tamén se está levando a cabo nos municipios de Cee, A Laracha, Fisterra e Zas, no caso da Costa da Morte. Quedan aínda unhas xornadas, pois, para sumar un gran de area.