Será nun acto a celebrar hoxe no Casino de Carballo ás 19.00 horas
07 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 19.00 horas • Casino de Carballo • Con Gala Cernadas, Unto Vello, Xurxo Souto e outras voces estará moi presente hoxe a música na Costa da Morte. Ademais, para as sete da tarde no Casino de Carballo, está prevista a presentación dunha nova entidade, a Asociación Musical Costa da Morte. «Nace co obxectivo de promover a música e as actividades culturais na comarca, unha zona con rica tradición musical, pero que precisa de maior coordinación entre bandas, solistas, agrupacións locais e demais axentes implicados», trasladan dende o Casino, que convidan a todos os interesados en acudir. Alí poderase coñecer quen está detrás do proxecto e programouse neste sentido un coloquio aberto, unha intervención dos representantes e mesmo un pequeno encontro con actuacións en directo. E é que non hai mellor xeito de falar da música que facendo iso mesmo: música.