O seu tanto dende a súa portería supuxo o 2-0 contra o Cultural Maniños
17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Pablo García Duarte (Carballo, 2004) todos o coñecen por Gardu. Un nome que esta semana converteuse en viral debido a un gol de portería a portería co que o Sofán certificou o su triunfo contra o Cultural Maniños (2-0) no grupo 1 da Preferente.
—Cantos mensaxes recibiu?
—Moitas, foi unha semana ben movida, ao principio algúns pensaban que fora un erro da acta cando viron o meu nome.
—Cando percibe que ese balón se vai para dentro?
—Eu o que buscaba era mandar o balón o máis lonxe posible, hacia unha esquina a poder ser, para afastalo da nosa portería. Joel intenta controlar o balón e iso desconcertou ao porteiro, ao que o bote xa o pillou adiantado. Non sabía nin como celebralo porque nunca metera un gol, así que quedei quieto.
—Metera algún outro gol en categorías inferiores ou xa en sénior?
—Non, nin de broma. Hai que pensar que a gran maioría de porteiros xa se retiran sen marcar (rí). E iso que algunha vez xoguei cinco minutiños ou así de dianteiro, pero no fútbol base, neses partidos que xa parecen resoltos.
—O Sofán rematou a primeira volta da Preferente sexto clasificado e a dous puntos da promoción de ascenso. Que balance fan dentro do vestiario?
—De momento está sendo un bo ano, tanto na liga como na Copa da Costa, na que superamos unha primeira ronda moi esixente. Evidentemente queda moitísimo, pero diría que polo xeral estamos ofrecendo un gran nivel, sendo un equipo moi unido.
—A fase de ascenso é un obxectivo ou un premio para este Sofán?
—O obxectivo do club, primeiro de todo é salvarse. Logo, cando estás aí, nesa zona,, claro que todos queremos estar canto máis arriba, mellor, pero non nos volvemos tolos.
—Mañá reciben ao Betanzos (O Carral, 16.30), que é quinto e con dous puntos máis que o Sofán. Que importancia lle dan a este encontro?
—Nese sentido, como a que lle damos a outros. Non vai quedar nada decidido neste partido, pero queremos ganar.
—No Sofán manteñen unha dinámica que xa pouco se ve no fútbol: a alternancia continua de porteiros entre vostede de Brais Gómez. Como levan esa competencia?
—Dende o primeiro momento que cheguei ao club, el me acolleu moi ben. Non tivo nunca unha mala cara nin nada polo estilo, polo que estou moi agradecido e nunca tivemos diferenzas nese aspecto. Sabemos cando vai xogar un e cando vai xogar o outro e aínda que non é tan natural, levamolo con normalidade, sen problema.