BaiOn, co apoio do Concello de Zas, convida a acudir este domingo unha feira de sempre, «como nunca»
15 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Os veciños de maior idade, e algún que aínda non é maior tamén, lembran esa popular forma de nomear os domingos nos que hai feira en Baio: «Domingo de Baio». O máis inminente, porque sempre é o terceiro domingo de cada mes, será este 18 de xaneiro, e ademais trae sobrenome: «A feira das rebaixas». Así a divulgou a asociación de comercio, hostalaría e servizos BaiON, que co apoio do Concello de Zas, dinamizará este mercado con algunha medida nova. Xa o din eles: «A feira de sempre... como nunca!». Así, os establecementos hostaleiros servirán callos de forma gratuíta e ademais poderán conseguirse 5 premios de 50 euros. Como? Mediante rascas coas compras. Non queda máis que probar sorte e ver se toca.