Vía Inqueda promove unha expedición á comunidade veciña, con inscricións abertas
15 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Veciños de Bergantiños interesados en coñecer o Parque Natural de Redes, en Asturias, terán no mes de febreiro unha oportunidade da man de Vía Inqueda. Trátase do programa Redes, camín d’iviernu, e o convite pasa por somerxerse na natureza e etnografía deste espazo protexido do sur da comunidade veciña. Serán, principalmente, dúas andainas que percorrerán os dous concellos que forman o parque natural, Casu e Sobrescobiu: «A Ruta de la Calzada Romana e a Ruta del Collau d’Isornu son as dúas propostas, de dificultade media». Entre as localidades emblemáticas, Caliao e Sotu d’Agues. Máis información e inscricións no 696 155 232 (José Manuel Menéndez).