Volverá a compañía Trinke Trinke á biblioteca Rego da Balsa de Carballo cun espectáculo para nenos de 4 a 8 anos
14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Avanzamos na semana coa seguinte axenda cultural, social e de lecer:
Carballo · O instituto Alfredo Brañas acolle a representación da obra teatral Papel 2.0., coa que a Deputación da Coruña trata de fomentar a reflexión, o diálogo e a crítica sobre o bullying. Será ás 11.30.
Carballo · Volven os Ratos de Lonxedetodo á capital de Bergantiños da man da compañía teatral Trinke Trinke. Visitarán a biblioteca Rego da Balsa e ofrecerán esta tarde unha dobre función do seu espectáculo de monicreques Un agasallo para Lilí. Serán ás 17.30 e ás 18.30 e é necesario reservar praza. Pensado para nenos de 4 a 8 anos de idade.
Fisterra · Unha unidade móbil do servizo de documentación da Policía Nacional visitará hoxe a localidade para que os veciños poidan realizar os seus trámites relacionados coa renovación ou obtención do DNI e do pasaporte.