Chegou o día: así será a festa dos Premios Galegos da Regueifa en Carballo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Un documental e a gala no Pazo farán deste 10 de xaneiro a gran xornada da improvisación oral na comunidade

10 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegou o día. Como cada sábado despois de Reis dende hai xa cinco anos, en Carballo é día de Premios Galegos da Regueifa. Catorce regueifeiros e regueifeiras farán desta localidade, e de Bergantiños, a capital da irmprovisación oral. A xornada irá así: 

12.00 horas

Documental. Na biblioteca Rego da Balsa, ás 12.00, proxección de «Ao son da nova regueifa». Pequenas intervencións de Xosé Ameixeiras, Manuel Maseda e Daniel Pérez. Microrregueifa con Suso e Lupe.

18.00 horas

Premios Galegos. Xa no Pazo, con portas abertas dende as 17.30, ata encher aforo. O primeiro apartado, exhibición de Escolas: Roi e Xoel (Escola Semente) e Leo, Candela, Sabela, Xan, Marité, Amalia, Pedro, Celtia, Gael e María (Escola Carballo).

BASILIO BELLO

O xurado. O equipo de valoracións estará integrado por Manuel Maseda, Olalla Liñares, Xosé María Varela, Ana Casais e Domingo Blanco. Este último incorpórase en substitución de Xosé Manuel Varela, que non poderá asistir.

BASILIO BELLO

Fases I e II do certame. Con 14 regueifeiro/as participantes, crearanse sete parellas para regueifar. Na primeira fase, o xurado deberá elixir 10 persoas. Crearanse logo con elas cinco parellas, volverán regueifar, e o xurado elixirá a 6 persoas.

Basilio bello

Fases III e IV do certame. As 6 persoas elixidas conformarán tres parellas, que volverán regueifar. Destas 6, o xurado deberá elixir unicamente a 3 persoas, que improvisarán a continuación coplas individuais. Das tres, o xurado elixirá 2 persoas.

BASILIO BELLO

Recoñecementos durante o tempo de valoración. Antes de coñecerse o veredicto final, a organización concederá o recoñecemento Valedor ou Valedora da Regueifa. Tamén se entregarán diplomas ao alumnado das Escolas e aos participantes no concurso antes da final.

BASILIO BELLO

A votación do público: a última palabra. Coma o ano pasado, o público será o encargado de elixir quen gaña entre as dúas persoas chegadas á final destes Premios. Logo de escoitar a súa regueifa, emitirán o seu voto mediante un sistema de cartolinas de cores.

Liliana Oliveira, artista portuguesa que actuará este sábado nos Premios Galegos da Regueifa de Carballo
Liliana Oliveira, artista portuguesa que actuará este sábado nos Premios Galegos da Regueifa de Carballo .

Fin de festa: Coraçao Minhoto. Liliana Oliveira e Simão Marques animarán a gala. Os 14 regueifeiros: Nuria Penas, Cristian Gómez, Xairo d’Herbón, Alba María, Alberto Liñares, Carme de Lonxe, Mani Braga, Kike Estévez, Bieito Lobariñas, Yéssica Nantón, Óscar García, Antonio de Xornes, Lupe Blanco e Suso de Xornes.