A voz unánime dos galegos, ante a casa de Pondal 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

Conmemorado en Ponteceso o 118.º aniversario da primeira interpretación do Himno, na Habana

21 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Escribiu Novoneyra «Chove para que eu soñe». E onte choveu de principio a fin, mais non impediu que arredor dunha trintena de valentes se achegasen en Ponteceso á casa natal de Eduardo Pondal, comandados pola Fundación pondaliana, para participaren da interpretación do Himno Galego coa coral A Oliveira. Cumpríanse 118 anos da primeira interpretación pública do Himno, na Habana, o 20 de decembro do 1907. Unha letra do bardo que une a todos os galegos nun canto colectivo, con música do mindoniense Pascual Veiga