Comezaron no IES larachés os obradoiros de prevención de violencias machistas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

25N | É unha das iniciativas do Concello en torno ao 25 de novembro

19 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Botaron a andar no instituto Agra de Leborís da Laracha os obradoiros de prevención de violencias machistas promovidos polo Concello e coordinados polo Centro de Información á Muller (CIM) e a técnica municipal de Igualdade, en colaboración coa dirección e equipo docente do centro.

É unha das iniciativas municipais en torno ao 25N, dirixida a alumnado da ESO e coa idea de ofrecer ferramentas para comprender, identificar e previr xeitos de violencia machista no persoal e dixital.