Do churrasco aos cans: a entrevista máis persoal ao alcalde Daniel Pérez

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

Escolares do Gándara Sofán visitaron o Concello de Carballo e departiron co novo rexedor

06 nov 2025 . Actualizado a las 20:12 h.

Alumnos de primeiro e segundo de primaria do colexio Gándara-Sofan foron os primeiros en visitar este curso 2025/2026 o consistorio de Carballo. Chegaron cunha boa morea de preguntas para o novo alcalde, Daniel Pérez, moitas delas persoais. Así, contoulles aos rapaces que ten 48 anos, que naceu en Silván, que adoece polo churrasco, que era avogado antes de dedicarse á política e que lle encantan os cans.

Xa máis no profesional, explicou que a súa vocación política vén de mozo e que o día da toma de posesión como rexedor, sucedendo a Evencio Ferrero, sentiu responsabilidade e satisfacción a partes iguais, por saberse elixido polos seus compañeiros.

Todo isto contóullelo Pérez acompañado pola edila Maruxa Suárez no salón de plenos, o espazo onde se toman as decisións importantes, dixo ela. Pasaron logo os estudantes pola Oficina Técnica Municipal, a Policía Local ou as oficinas da Policía Nacional. Por último, visitaron tamén a torre que alberga o reloxo da Casa do Concello.