Será unha cita clave pola loita da GR Yaris Cup Spain
22 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O piloto larachés Daniel Remuiñán disputará a próxima fin de semana o RallyRACC Costa Daurada de Salou, cita que será clave na loita da GR Yaris Cup Spain. O bergantiñán chega como líder logo de disputar as catro probas realizadas.
A carreira combinará tramos de terra e asfalto. O deportista avanza que precisamente por ese motivo será «complicada», aínda que espera aproveitar a súa experiencia en terra. Xoga na casa do seu maior rival. Polo momento, xa sorprendeu no que vai de tempada.