Un aluvión de estima na Lagoa

A. L. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Xosé María Varela recibiu o agarimo de ducias de amigos

29 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un aluvión de estima na Lagoa (Salto-Vimianzo). Foi o que recibiu o sábado Xosé María Varela Martínez, presidente da Fundación Pondal que se xubilou recentemente como profesional do ensino. Unhas duascentas persoas, case todas vencellas ao Couto e a as actividades que se levan a cabo na aldea pontecesá, tributáronlle unha emotiva homenaxe.

Foi unha sorpresa que non agardaba e que tomou como unha mostra de profundo agarimo: «Eternamente agradecido», polo afecto de todos cantos asistiron e os agasallos que lle fixeron, como un retrato obra de Miguel Calvo, a posibilidade dunha viaxe ao universo de Lorca e as fotografías da súa vida. Por unha vez, Xosé María viviu unha xornada de ledicia sen que el fose o organizador.